UCI WorldTour 2018

Modelo:Competición deportivaUCI WorldTour 2018
TipoUCI WorldTour Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUnión Ciclista Internacional Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo16 de xaneiro de 2018 – 21 de outubro de 2018 Editar o valor em Wikidata
Número de edición8  (2018) Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Simon Yates
Segundo da clasificación xeral Peter Sagan
Terceiro da clasificación xeral Alejandro Valverde
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuciworldtour.com Editar o valor em Wikidata

O UCI WorldTour 2018 foi a décima edición do circuíto internacional de competicións ciclistas creado pola Unión Ciclista Internacional no 2009. A tempada comezaba co Tour Down Under en Australia no mes de xaneiro e remataba ao igual que no 2017 na China co Tour de Guangxi en outubro. Foron un total de 37 probas repartidas por América do Norte, Oriente Próximo, Australia, China e Europa. O defensor da clasificación xeral do ano pasado é o belga Greg Van Avermaet.

O vencedores final do ránking individual resultou o británico Simon Yates que obtivo a vitoria na Volta a España e fixo grandes actuacións en París-Niza, Volta a Cataluña, Tour de Polonia e Giro de Italia. Tras el, cunha estreita marxe de 80 puntos finalizou o eslovaco excampión do mundo Peter Sagan e completando o podio quedaría Alejandro Valverde que ao remate do "tour" lograría o título mundial en Innsbruck, Austria.[1] A clasificación por equipos levaríaa Quick-Step Floors por unha ampla diferenza maior de 3000 puntos con respecto ao Team Sky, logo dunha campaña de récord con 73 vitorias UCI, das cales 37 no WorldTour.[2]

  1. Arribas, Carlos (2018-10-01). "Alejandro Valverde gana el Mundial de ciclismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-03-06. 
  2. "Quick-Step Floors, nº 1 del World Tour en 2018". Ciclismoafondo.es (en castelán). Consultado o 2019-03-06. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy